sábado, 21 de marzo de 2009

contextos musicais (e máis 2)

Iste vídeo que nos achega Carlos pode axudarnos a facer un debate na aula sobre as diferentes culturas no mundo e sobre as conexións que se producen entre elas.

O primeiro ver e escoitar o vídeo



¿A qué cultura pertence a peza que tocan?

E os instrumentos ¿Pertencen a mesma cultura?

a Carlos chámalle a atención esas flautas curvadas, ¿sabedes como se chaman?

Por último poderíamos tratar de pensar as vantaxes e inconvintes deste proceso de mundialización da cultura occidental.

-¿creedes que todas a manifestacións musicais dos diferentes pobos do mundo están en igualdade de condicións cara a competir neste mundo globalizado?

Dados os maiores recursos que existen en algúns paises do mundo

-¿non creedes que estes, incloído o noso, teñen a responsabilidade de axudar a conservar a diversidade musical e cultural?

-¿Temos algún modo de face-lo?

Permitídeme aquí unha resposta pola miña parte:

-Si, como consumidores de música o primeiro e saber se o que mercamos é auténtico ou falsificación. Quizais sexa máis fácil o segundo, pero ¡o primeiro é o primeiro!

Fixádevos na tremenda expresividade deste maestro chinés



Aquí non hai debate posible os nosos alumnos teñen ben claro os seus gustos e iste é o seu espazo.
O espazo de Marta que di que este grupo mexicano que se chama Panda é pouco coñecido en España e que por iso quere que saia no blog.



Resulta novedoso para min a mestura de melodia de balada, guitarras que se aproximan o Heavy e as letras que falan de cousas coma as tumbas, os quirófanos... ¿Pegarán forte por estes lugares? Aquí tendes outra mostra deles

Ista entrada vai para o traballo de Alba

Hola profe mándoche este video do renacemento



Estes señores tocan coa flauta dulce unha canción do ano 1700.



Esta canción de Wolfgang Amadeus Mozart tócana unha orquesta xuvenil da escola de musica da UFRJ



Wolfgang Amadeus Mozart naceu en Salzburgo o 27 de xaneiro de 1756 e morreu en Viena o día 5 de decembro do ano 1791. O seu nombre completo é: Johannes Chrysostomus Wolfgang Amadeus Theophilus Mozart.

Esta é a canción "As Catro Estacións" de Vivaldi tocada cun violin.



Antonio Lucio Vivaldi naceu en Venecia o día 4 de marzo de 1678 e morreu en Viena o día 28 de xullo de 1741.

Esta é a sinfonía nº5 de Beethoven e tócana unha orquesta.



Ludwig van Beethoven foi un compositor e pianesta alemán nacido en Bonn o 16 de decembro de 1770 e morreu en Viena o 26 de marzo de 1827.

domingo, 8 de marzo de 2009

1. Escoita

1.1. Utilización dos recursos necesarios para a comprensión da música escoitada.
Unha boa maneira de aprender a escoitar é aprender a tocar. O vídeo que nos achega Jose Alberto, podería estar tamén no capitulo adicado as músicas doutras culturas


Un bo material para aprender a escoitar échevos o caderno de exercicios. Unha boa mostra disto échevos este documento de Alba

1.4. A flauta doce que tocamos na aula coñeceu unha primeira época dourada no renacemento (Séculos XV e XVI)

Neste vídeo que nos achega Carla, dúas frautas doces tocan unha peza vocal do gran Orlando di Lassus. Quizais vos sorprenda o tamaño e o son grave destes instrumentos, son dúas frautas tenores que "cantan" coma as voces masculinas agudas



No seguinte video temos, de menor a mayor tamaño: frauta soprano, contralto, tenor e baixo; interpretando unha "canzona" de Tarquino Merula. Estes conxuntos de son homoxeneo eran moi apreciados no renacemento.



Alba achéganos outro vídeo no que os mesmos intérpretes cambian o tamaño das suas frautas para tocar o "Banquete musical de Schein" ¡Bo gusto!



Falando do tamaño das frautas, non vos perdades o seguinte vídeo




No Barroco (1600-1750) a nosa frauta chega a un gran virtuosismo técnico como podedes ver e escoitar neste concerto para frauta de G.Ph.Telemann

2. Interpretación

2.4. Práctica de pezas musicais aprendidas a través da memorización e da lectura de partituras
Isto é o que di a programción , imos ver cómo o desenvolvemos

Aquí tendes as partituras para a man esquerda coas que comezamos a tocar a frauta doce




Carlos Pombo recoñece nestes vídeos o mesmo método que utilizamos na aula cara a aprender pezas para frauta



O segundo é máis difícil



En Youtube tendes outros moitos tutoriais
por exemplo o que nos achega Alba para Bongoes e máis, para aprender a cantar, envíanos estoutro



2.5 Cando falamos de linguaxe musical a todos nos da por pensar en corcheas e "doremifasolas" pero non menos importante é saber onde se atopan esas notas en cada instrumento.É por iso que agradecemoslle a Miriam este xoguete virtual.
Tende en conta a seguinte correspondencia entre a notación anglosaxona e a do solfeo meridional:
A/LA, B/SI, C/DO, D/RE, E/MI, F/FA y G/SOL

De feito no século XV, co desenvolvemento da música instrumental, argalláronse sistemas de notación non baseados no pentagrama, senon nas posicións dos dedos nos instrumentos: son as chamadas Tablaturas que se utilizaban nos instrumentos de teclado e nos de corda. Aínda hoxe é posible aprender a tocar cancións na guitarra con este método sen coñecer o chamado solfeo


Aquí tendes unha antiga tabulatura para instrumento de tecla.




Esta imaxe tomeina de "Guitarra. Artepulsado" un blog que sigo e que recomendo aos que queiran saber máis sobre este tema


2.12. Aceptación e predisposición para mellorar as capacidades técnicas e interpretativas propias e respecto ante outras formas de expresión.

Este vídeo que nos envía jéssica, amosa unha gran perfección técnica na construcción dun instrumento musical. Quizais isto nos leve a valorar, coidar e aprender a tocar ben os que temos na aula

3. Creación

3.6. Utilización das tecnoloxías da información nos procesos de creación musical

Juancarlos achéganos estes xogos para compór musicas e danzas, neste mesmo sitio de Internet atoparedes moitisimos outros recursos para tódalas áreas: www.exploratorium.edu

4. A música no tempo e no mundo

4.1. ¿Cómo podemos desenvolver este punto? O primeiro, mirar na entrada de contidos onde atopamos o seguinte: "Recoñecemento e localización nas coordenadas espacio-temporais das manifestacións musicais máis significativas do patrimonio musical galego, occidental e doutras culturas".
É dicir: Situar no mapa do mundo e nas idades da humanidade, as músicas que mellor representasn a cada pobo e cultura.

Seguindo as instruccións, podemos comezar cun patrimonio actual que están a crear rapaces e rapazas de todo o mundo: O Rap, música da cultura hip hop. Esta música xurdíu nos barrios negros de Nova York nos anos ´70, e, os seus primeiros practicantes foron disc jockeys e adolescentes negros e latinos
Aquí tendes o primeiro disco que chegou á fama mundial: "Rappers delight" pola "Banda do monte de azucre"



O seguinte vídeo achéganolo Carlos e vainos sevir para falar doutro punto no mapamundi e mesmo doutras idades



Estas improvisacións chámanse, no mundo de rap "pelexas de galos",e ,moitas delas non son aptas para maiores de idade.
As batallas de break dance levan a competencia ao mundo da danza urbana



Na tradición da música galega tamén temos un xénero onde a retranca, o enxeño e a improvisación son os amos



De feito, parece que non somos os primeiros en relacionar estes dous xéneros



Estes regueifeiros explican ao alumnado dun alula coma a nosa, os ingredentes dunha regueifa



Os Payadores arxentinos e chilenos, amósannos a extensión mundial desta actividade de creación de textos improvisaados sobre un esquema musical constante



Á espreita de novas achegas neste capítulo, pechámolo polo de agora co humor dos "Les Luthieres" un clásico entre os clásicos



Jessica , invítanos de novo a viaxar a América do sur, pero primeiro deixádeme que escriba eu o que esta canción suxíreme:
Un Cóndor alza o voo dende os abriantes cumios dos Andes por riba do altiplano boliviano.Igual que a melodía, ao principio cústalle ascender pero despois mantense no ar coma un deus ao que as frautas do pobo adoran imitándoo.
A Jéssica gústalle moito este arranxo para conxunto de frutas traveseras, charango e guitarra.



4.2 Este cantante parece estar de rabiosa actualidade

sábado, 28 de febrero de 2009

Os contidos da programación de música

Neste documento tendes os CONTIDOS da programación para o noso curso. As palabras en cor laranxa facilítanos o traballo de búsqueda, selección e elaboración dos materiais do blog.
Os títulos de cada unha das entradas do caderno coinciden cos catro bloques de contidos da programación.
Estoutro documento é o que chamamos CONTIDOS ILUSTRADOS.É unha copia do anterior na que engadín as vosas achegas para cada un dos contidos. Sérvenos para coñecer os puntos aínda non tratados