domingo, 8 de marzo de 2009

1. Escoita

1.1. Utilización dos recursos necesarios para a comprensión da música escoitada.
Unha boa maneira de aprender a escoitar é aprender a tocar. O vídeo que nos achega Jose Alberto, podería estar tamén no capitulo adicado as músicas doutras culturas


Un bo material para aprender a escoitar échevos o caderno de exercicios. Unha boa mostra disto échevos este documento de Alba

1.4. A flauta doce que tocamos na aula coñeceu unha primeira época dourada no renacemento (Séculos XV e XVI)

Neste vídeo que nos achega Carla, dúas frautas doces tocan unha peza vocal do gran Orlando di Lassus. Quizais vos sorprenda o tamaño e o son grave destes instrumentos, son dúas frautas tenores que "cantan" coma as voces masculinas agudas



No seguinte video temos, de menor a mayor tamaño: frauta soprano, contralto, tenor e baixo; interpretando unha "canzona" de Tarquino Merula. Estes conxuntos de son homoxeneo eran moi apreciados no renacemento.



Alba achéganos outro vídeo no que os mesmos intérpretes cambian o tamaño das suas frautas para tocar o "Banquete musical de Schein" ¡Bo gusto!



Falando do tamaño das frautas, non vos perdades o seguinte vídeo




No Barroco (1600-1750) a nosa frauta chega a un gran virtuosismo técnico como podedes ver e escoitar neste concerto para frauta de G.Ph.Telemann

No hay comentarios:

Publicar un comentario