domingo, 8 de marzo de 2009

4. A música no tempo e no mundo

4.1. ¿Cómo podemos desenvolver este punto? O primeiro, mirar na entrada de contidos onde atopamos o seguinte: "Recoñecemento e localización nas coordenadas espacio-temporais das manifestacións musicais máis significativas do patrimonio musical galego, occidental e doutras culturas".
É dicir: Situar no mapa do mundo e nas idades da humanidade, as músicas que mellor representasn a cada pobo e cultura.

Seguindo as instruccións, podemos comezar cun patrimonio actual que están a crear rapaces e rapazas de todo o mundo: O Rap, música da cultura hip hop. Esta música xurdíu nos barrios negros de Nova York nos anos ´70, e, os seus primeiros practicantes foron disc jockeys e adolescentes negros e latinos
Aquí tendes o primeiro disco que chegou á fama mundial: "Rappers delight" pola "Banda do monte de azucre"



O seguinte vídeo achéganolo Carlos e vainos sevir para falar doutro punto no mapamundi e mesmo doutras idades



Estas improvisacións chámanse, no mundo de rap "pelexas de galos",e ,moitas delas non son aptas para maiores de idade.
As batallas de break dance levan a competencia ao mundo da danza urbana



Na tradición da música galega tamén temos un xénero onde a retranca, o enxeño e a improvisación son os amos



De feito, parece que non somos os primeiros en relacionar estes dous xéneros



Estes regueifeiros explican ao alumnado dun alula coma a nosa, os ingredentes dunha regueifa



Os Payadores arxentinos e chilenos, amósannos a extensión mundial desta actividade de creación de textos improvisaados sobre un esquema musical constante



Á espreita de novas achegas neste capítulo, pechámolo polo de agora co humor dos "Les Luthieres" un clásico entre os clásicos



Jessica , invítanos de novo a viaxar a América do sur, pero primeiro deixádeme que escriba eu o que esta canción suxíreme:
Un Cóndor alza o voo dende os abriantes cumios dos Andes por riba do altiplano boliviano.Igual que a melodía, ao principio cústalle ascender pero despois mantense no ar coma un deus ao que as frautas do pobo adoran imitándoo.
A Jéssica gústalle moito este arranxo para conxunto de frutas traveseras, charango e guitarra.



4.2 Este cantante parece estar de rabiosa actualidade

No hay comentarios:

Publicar un comentario