domingo, 8 de marzo de 2009

2. Interpretación

2.4. Práctica de pezas musicais aprendidas a través da memorización e da lectura de partituras
Isto é o que di a programción , imos ver cómo o desenvolvemos

Aquí tendes as partituras para a man esquerda coas que comezamos a tocar a frauta doce




Carlos Pombo recoñece nestes vídeos o mesmo método que utilizamos na aula cara a aprender pezas para frauta



O segundo é máis difícil



En Youtube tendes outros moitos tutoriais
por exemplo o que nos achega Alba para Bongoes e máis, para aprender a cantar, envíanos estoutro



2.5 Cando falamos de linguaxe musical a todos nos da por pensar en corcheas e "doremifasolas" pero non menos importante é saber onde se atopan esas notas en cada instrumento.É por iso que agradecemoslle a Miriam este xoguete virtual.
Tende en conta a seguinte correspondencia entre a notación anglosaxona e a do solfeo meridional:
A/LA, B/SI, C/DO, D/RE, E/MI, F/FA y G/SOL

De feito no século XV, co desenvolvemento da música instrumental, argalláronse sistemas de notación non baseados no pentagrama, senon nas posicións dos dedos nos instrumentos: son as chamadas Tablaturas que se utilizaban nos instrumentos de teclado e nos de corda. Aínda hoxe é posible aprender a tocar cancións na guitarra con este método sen coñecer o chamado solfeo


Aquí tendes unha antiga tabulatura para instrumento de tecla.




Esta imaxe tomeina de "Guitarra. Artepulsado" un blog que sigo e que recomendo aos que queiran saber máis sobre este tema


2.12. Aceptación e predisposición para mellorar as capacidades técnicas e interpretativas propias e respecto ante outras formas de expresión.

Este vídeo que nos envía jéssica, amosa unha gran perfección técnica na construcción dun instrumento musical. Quizais isto nos leve a valorar, coidar e aprender a tocar ben os que temos na aula

No hay comentarios:

Publicar un comentario