sábado, 21 de marzo de 2009

contextos musicais (e máis 2)

Iste vídeo que nos achega Carlos pode axudarnos a facer un debate na aula sobre as diferentes culturas no mundo e sobre as conexións que se producen entre elas.

O primeiro ver e escoitar o vídeo



¿A qué cultura pertence a peza que tocan?

E os instrumentos ¿Pertencen a mesma cultura?

a Carlos chámalle a atención esas flautas curvadas, ¿sabedes como se chaman?

Por último poderíamos tratar de pensar as vantaxes e inconvintes deste proceso de mundialización da cultura occidental.

-¿creedes que todas a manifestacións musicais dos diferentes pobos do mundo están en igualdade de condicións cara a competir neste mundo globalizado?

Dados os maiores recursos que existen en algúns paises do mundo

-¿non creedes que estes, incloído o noso, teñen a responsabilidade de axudar a conservar a diversidade musical e cultural?

-¿Temos algún modo de face-lo?

Permitídeme aquí unha resposta pola miña parte:

-Si, como consumidores de música o primeiro e saber se o que mercamos é auténtico ou falsificación. Quizais sexa máis fácil o segundo, pero ¡o primeiro é o primeiro!

Fixádevos na tremenda expresividade deste maestro chinés



Aquí non hai debate posible os nosos alumnos teñen ben claro os seus gustos e iste é o seu espazo.
O espazo de Marta que di que este grupo mexicano que se chama Panda é pouco coñecido en España e que por iso quere que saia no blog.



Resulta novedoso para min a mestura de melodia de balada, guitarras que se aproximan o Heavy e as letras que falan de cousas coma as tumbas, os quirófanos... ¿Pegarán forte por estes lugares? Aquí tendes outra mostra deles

1 comentario: